D.O. Ribeiro
Viño branco elaborado coa variedade 100% treixadura
Elaborado só coa variedade Treixadura das cepas máis novas que a adega ten en Gomariz. É un viño perfumado e equilibrado, moi estruturado en boca e moi fresco.
O paso pola boca é fresco, agradable, cunha acidez equilibrada.
Destaca un froito moi marcado, quizais se atopen notas de pera, e persiste o fondo cítrico do que falaba o nariz.
Todo o mundo sabe o que cheira un limón ou unha lima, así que intenta atopar esa conexión entre o viño e a túa memoria olfativa.